Primavera

domingo, 7 de febrero de 2016

Festival de entroido 2016

E por fin chegou o día tan esperado... o festival de entroido, para o que tanto estivemos ensaiando e preparándonos. Comezamos a mañá coa preparación nas clases, onde as mestras axudáronnos a colocar os tocados de ósos que fixemos e as maracas que decoramos coa vosa colaboración. Fomos sacar unhas fotos de grupo para ter de recordo e comezamos co desfile polo corredor do cole, onde desfilamos diante de tódolos nenos e nenas do cole para que viran o guapos que íamos e nós tamén os vimos a eles. A verdade é que ó ser algo novo para nós, estabamos algo abraiados e non sabíamos para onde mirar con tanta xente que pasaba por diante nosa, pero foi moi divertido!!! Vaia ritmo que teñen estes rapaces e rapazas do cole, incluso os mestres jeje. Despois do desfile, puxemos rumbo cara o pavillón para comezar co desfile xunto cos zancudos para as familias e as nosas actuacións. Esperamos que vos gustasen e que o pasárades ben, nós dende logo que si :). E para rematar a xornada, fixemos unha festa cos doces que trouxéchedes da casa, para repoñer forzas e logo un pouco de xogo libre antes de marchar para a casa. Foi un día moi especial e divertido e queremos agradecervos a vosa colaboración na celebración desta festa de tanta tradición no cole. A continuación deixámosvos unhas fotos deste día e os vídeos dos desfiles e das actuacións. Lembrade que o xoves podedes vir disfrazados do que queirades, para celebrar a queima do entroido e dar por rematadas estas festas. Que disfrutedes destes días coas vosas familias e amigos pequenos, moitos bicos da vosa mestra Irene ;)

3 comentarios:

  1. Están guapísim@s estes patiñ@s - trogloditas!!! E tamén a mestra!!!
    Noraboa!!!

    ResponderEliminar
  2. Descubriron o entroido . A actuación espectacular!!!

    ResponderEliminar
  3. Todos guapisimos , pena que David estuvo malito y no pudo ir.

    ResponderEliminar