Primavera

martes, 29 de marzo de 2016

Aniversarios de Marzo

Xa estamos de volta das vacacións!! E que mellor maneira que celebrando os aniversarios do mes de Marzo, no que están de cumpre: Noa López e Pedro, que xa cumpren 4 anos!!! Que maiores van!!
Ó igual que co resto dos aniversarios, elaboraron unha coroa especial chea de pegatinas de moitas cores e formas, despois cantámoslles o cumpreanos felíz, sacamos unhas fotos de recordo e sopraron as candeas dunha torta riquísima que trouxeron e que acompañamos cuns zumes, estaba todo moi rico!! moitas felicidades trasniños e a cumprir moitos máis!! :)







Día da Poesía

O pasado 21 de marzo comezou a primavera, coincidindo co Día da Poesía e nós adiantámonos e celebramos o Día da Poesía o 18 de Marzo recitando distintos poemas de Manuel María que recolle no seu libro "Os soños na gaiola". Por iso, este día algunhas clases saíron á rúa a recitalos, e nós o fixemos fóra do cole, na entrada, para compartir coas familias e veciños estes poemas que tan ben quedaron...mirade mirade...

https://www.youtube.com/watch?v=tDrcoDwXiYQ"

 https://www.youtube.com/watch?v=v1ygjS0ej0s

jueves, 10 de marzo de 2016

Proxecto dos Patos rematado!!

Onte rematamos o noso proxecto dos Patos, a mascota que eleximos na nosa clase. Comparamos os nosos coñecementos que tíñamos acerca dos patos ó principio do proxecto co que fomos aprendendo e démonos conta de que había cousiñas nas que nos confundíramos e outras que tíñamos razón, e ademais fomos aprendendo moitas cousas máis.
O primeiro que fixemos foi coñecer o corpo dos patos
- Observamos que se parece a un bote e que por iso flota na auga. 
 - Son de distintas cores. Moitos trouxemos o conto do "Patiño Feo" e grazas a iso, démonos conta de que o patiño non era feo...simplemente era distinto e non por iso tiña que ser feo. Comparámonos entre nós para observar que somos moi distintos: no sexo, na altura, na cor do pelo e dos ollos...
 - Está cheo de plumas e grazas a elas non se mollan na auga xa que son impermeables. A mestra trouxo plumas ó cole e experimentamos con elas: son suaves, lixeiras, grazas a elas pódese voar e tamén facer cóxegas...jeje.
- Teñen 2 ás e 1 cola. - Teñen 1 peteiro duro e plano e co silvato que trouxo Víctor xogamos a falar como os patos.

 

- Teñen 2 patas que parecen aletas e cada unha delas ten 3 dedos unidos por membranas, comparámolas cos nosos pés e para comprobar que son distintos, observamos cómo son as pegadas que deixan os patos e comparámolas coas nosas camiñando sobre fariña, que ben o pasamos!!! Tamén deixamos a nosa pegada nunha ficha a carón da dos patos.
- Coñecemos o peso e a altura que poden chegar a ter os patos e logo pesámonos e medímonos nós, carais...que altos estamos xa!!!
- Por último, observamos as diferenzas entre os machos e as femias, que se diferencian no plumaxe, na cola e na voz que emiten.

 Despois de traballar o corpo dos patos, pasamos a coñecer onde viven:
- Viven nos ríos, estanques e mares.
- Tamén hai patos domésticos que viven en granxas.

 A continuación, descubrimos o que comen os patiños:
- Verduras.
- Sementes de avena/trigo.
- Pequenos peixes e bichiños.
- Plantas acuáticas.

Gustóunos moito saber cómo nacen os patiños a partires dun ovo:
- Os patos colocan os seus niños en zonas cercanas á auga, e agóchanos para que non se acerquen depredadores.
- A mamá pata incuba os ovos durante un tempo e así poden nacer os patiños.
- Observamos o nacemento dun patiño a través de imaxes.
- Unha vez que nacen, a mamá pata está con eles ata que aprenden a ser autónomos, ata que aprenden a nadar e a comer.

 E para rematar co proxecto, coñecemos as distintas formas de desprazarse dos patos: camiñando, nadando e voando; e que en determinadas épocas do ano migran cara outras zonas máis cálidas xa que cando chega o frío teñen dificultades para atopar comida.

 Todo isto fómolo reflexando nun mural, o cal colocamos no corredor de infantil para que o podan ver tódolos nen@s, profes e as nosas familias. Deixámosvos a foto do noso mural, para que vexades o bonitiño que quedou e todo o que aprendemos, e dende a clase dos patiños...simplemente dicirvos que moitas grazas pola vosa colaboración no noso proxecto!! :)

martes, 8 de marzo de 2016

Día da Muller Traballadora

Hoxe, 8 de Marzo, celébrase o Día da Muller Traballadora e no cole dedicamos o día a falar sobre o tema... Dende a biblioteca do centro invitáronnos a escoitar un conto titulado "O libro dos Porcos" interpretado polos nenos de 5º e 6º de Primaria. Este conto falaba sobre a importancia de traballar todos na casa, tanto as mamás como os papás e os nen@s, xa que o importante é axudar uns aos outros. 





Na clase observamos imaxes de distintos traballos e comprobamos que tanto uns como outros poden ser levados a cabo tanto por homes como por mulleres. Estivemos falando dos traballos das nosas mamás e dos nosos papás e ó final escollemos o oficio que nos gustaría ser de maior... e o resultado foi o seguinte...