Primavera

jueves, 26 de noviembre de 2015

XA ESTAMOS TOD@SSSSS!!!!!!!!!!!

Hoxe foi un día moi especial... xa que incorporóuse o último patiño que quedaba por entrar no Club do Mandilón... Lucas. A súa cara de emoción era digna de ver...unha pena que non estivérades con nós, pero aquí tedes a súa foto colocándose no mural do Club. Parabéns para tódolos Patiños, sodes uns campións!!! Agora, a seguir aprendendo :)



martes, 24 de noviembre de 2015

Aniversarios de Novembro

Hoxe celebramos os aniversarios do mes de Novembro. Este mes só está de aniversario Valentina, que decorou a súa coroa con moitas pegatinas, cantámoslle o "Cumpreanos feliz", sacamos unhas fotos de recordo, nas que se sumou a profe Irene!! e degustamos unha torta caseira riquísima que trouxo a nai de Valentina acompañada duns zumes... Moitos parabéns rapaciña e a cumprir moitos máis!! :)




lunes, 23 de noviembre de 2015

Somos artistas

No cole estamos aprendendo a ser cada vez máis autónomos, a coñecer o contorno que nos rodea, a ter uns hábitos e unhas rutinas...fundamentais para o noso desenvolvemento integral, pero non debemos esquecer que o máis importante é ser un mesmo, ter consciencia das nosas posibilidades e dificultades, valorando tanto as nosas como as dos nosos compañeir@s, respectándonos día a día.
Polo tanto, de vez en cando facemos actividades de expresión...para mostrar ós demais o que sentimos e o que nos gusta... e que mellor maneira de facelo que a partir dun pincel e dunhas acuarelas...mirade que obras de arte!!! SOMOS UNS ARTISTAS!!!







Querido Outono...

No último mes aprendemos moitas cousas do outono: como cambia o clima e o contorno, a roupa, a forma de alimentarnos, as cores propias da estación... Aprendimos unha canción sobre o outono, elaboramos unha serie de traballiños e ata fixemos unha exposición de froitas e froitos de outono...aquí tedes un pouquiño do que fixemos.


Otoño llegó

Otoño llegó, marrón y amarillo
otoño llegó y hojas secas nos dejó.
Sopla el viento, no le tengas miedo
escucha su canto, quiere ser tu amigo.
Otoño llegó, marrón y amarillo
otoño llegó y hojas secas nos dejó.
Cae la lluvia, saca tu paraguas
y no te olvides las botas de agua.
 Otoño llegó, marrón y amarillo
otoño llegó y hojas secas nos dejó.




Decoración da aula

Como Patiños que somos, temos que decorar a nosa clase como tal. Mirade que patiños máis chulos fixemos con plastilina...e que mural tan bonito pintamos para a nosa porta do patio...agora si que podemos dicir que...Somos a clase dos Patiños!!!!
Nós xa coñecemos a nosa porta, pero así os nen@s das outras clases xa poden saber onde nos atopamos :)









Outro máis!!!!

O venres pasado incorporóuse Víctor ó noso Club do Mandilón. Custoulle un pouquiño pero o esforzo valíu a pena, que contento estaba cando o conseguiu facer el soíño!!! E sobre todo cando saiu do cole lucindo o seu carnet. Noraboa campión!!!


viernes, 13 de noviembre de 2015

Festa do Magosto e do Peón

Esta semana tivemos no cole a festa do Magosto e do Peón. Elaboramos uns portacastañas, unha fichiña conmemorativa de ditas festas e para rematalo ben, invitamos ás familias á degustación de castañas e a bailar os peóns. Que boas estaban as castañas!!! E que divertido é bailar o peón!!! Moitas grazas familias pola visita e pola vosa colaboración.

Hora dos contos

A través do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro, os alumn@s de 5º de primaria achéganse ás aulas de infantil tódolos xoves para contarnos un conto. Veñen moi dispostos e emocionados, e nós recibímolos moi contentos e con ganas de escoitar as diferentes historias que nos traen. O único que precisamos é seguir as normas para a lectura de contos...estar caladiños, moi atentos e coas orellas ben abertas. Mirade cantos nen@s pasaron xa pola nosa clase...

Esta semana recibimos unha visita moi especial...a irmá de Pedro. Como nos gustou o teu conto!!

lunes, 9 de noviembre de 2015

Temos un novo integrante!!

O venres pasado integrouse no Club do Mandilón outro patiño... Antón!! Noraboa rapaciño!! A presumir do teu carnet.


jueves, 5 de noviembre de 2015

Portacastañas

Estimadas familias...estamos preparando a vindeira festa do cole...o MAGOSTO. Será o día 11 de Novembro e como vos comunicamos na nota que mandamos onte, precisamos que traiades un envase tipo brick (de leite ou zume), limpiño e confeccionado deste xeito:

 1º- Marcamos a metade do envase por 3 caras, quedando unha para dobrar.
 2º- Cortamos pola marca e dobramos pola cara que quedou sen marcar.
 3º- Grampamos o envase pola parte dobrada para que colla a forma.


Unha vez traiades o envase á escola xa encargarémonos de decoralo na clase, así nun lado botaremos as castañas e no outro as mondas. Grazas pola vosa colaboración e por axudarnos a manter limpo o cole!! :)

miércoles, 4 de noviembre de 2015

Decoramos o Corredor

Coa chegada do Outono observamos moitos cambios na paisaxe, no clima, na forma de vestir, nos alimentos...polo que nós tamén queremos cambiar a paisaxe do noso corredor de infantil. Por iso, fixemos uns ourizos preciosos que colgamos fóra da aula, xunto coas manualidades outonais das outras clases. Mirade que bonito quedou, así dá gusto entrar no cole :)





Xa temos novos menbros no Club do Mandilón

Como xa anticipei o outro día, esta semana pasan a formar parte do Club do Mandilón máis patiños: Lola, Alex e Claudia. Que contentos están!!! Dicir que por motivos de enfermidade non subira a foto de Jorel, que xa leva moito tempo con nós no Club do Mandilón, así que aquí a tedes tamén.Veña que xa case estamos todos!! Ánimo patiños que xa o temos case conseguido!!