Primavera

lunes, 1 de febrero de 2016

Carta de Numerete!!

A semana pasada tivemos carta de Numerete!. Andabamos tan liados co Día da Paz e co entroido que nin tempo houbo de contalo... 
Algúns estabamos traballando coa mestra Irene e outros xogando nas distintas zonas da clase cando petaron na porta... moitos non se deron conta, pero Lola foi correndo ó ver un sobre verde que asomaba por debaixo da porta. Era un sobre xigante firmado por NUMERETE!. Atoparía xa algún planeta na súa viaxe polo espacio?. 

Abrímos o sobre e nel había unha carta e contábanos que recibira a carta que lle mandara a nosa mestra Irene ensinándolle os debuxos que fixéramos del, e sabedes que? Gustáronlle moito!!! Pero o mellor é que quixo amosarnos como era el en realidade e mandounos unha foto xigante!!!




Carais!!! Por fin sabemos cómo é NUMERETE de verdade!! Parécese a algún dos nosos debuxos? Que opinades??
Tamén contaba na súa carta que aínda andaba na busca dos planetas dos que tanto lle falara o Señor Sol, pero aínda non atopara ningún... Pois nada Numerete, esperamos a próxima carta cando atopes algún planeta na túa viaxe, mentras, colgaremos a túa foto de recordo na nosa clase. Ata pronto Numerete!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario