Onte, Manolo deixou un mandadiño que dicía... "O martes 2 un pano traerás, e con el, a cabeza cubrirás", así que todos trouxemos unha cicatríz pintada na cara e un pano na cabeza. Os panos eran moi variados e cada un traíao dunha forma distinta, aínda que pronto cansamos e algúns xa os quitamos... Estivemos pensando e cremos que xa sabemos de que nos quere disfrazar Manolo... de piratas!!! Será verdade?? Mirade que guapos viñemos...
Para mañá, o mandadiño de Manolo dí así...
"O día 3 ven cun ollo tapado, e co teu parche serás o máis animado". Así que xa sabedes, como é acumulativo, tedes que vir coa cicatríz na cara, co pano na cabeza e cun parche nun ollo... miña nai, cantas cousas!! Vémonos mañá!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario