Primavera

miércoles, 24 de febrero de 2016

Día de Rosalía de Castro

A AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) traballa dende anos na idea de lograr institucionalizar o 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria contempla, dentro do Calendario do Libro e da Lectura, o 24 de febreiro como DÍA DE ROSALÍA, que coincide coa conmemoración do nacemento da poeta. Polo tanto, nós dende o cole quixemos celebrar este día elaborando unhas postais a partir dun anaco dun poema de Rosalía, que dí: Canta, paxariño alegre, canta! canta porque o millo medre, canta! canta porque a luz te escoite, canta! canta que fuxeu a noite. Unha vez traballado o poema, fixemos unha reflexión sobre qué podíamos facer na postal para representalo, e ocorréusenos debuxar un paxariño...e o resultado foi o seguinte:
E para rematar... a nosa mestra escribíu a nosas direccións nas postais, colocámoslles un selo que trouxemos da casa e metémolas no buzón de correos para que cheguen ós seus destinos... esperamos que cheguen ben e que vos gusten. Bo día!!

1 comentario:

  1. Que paxariños mais bonitos pintaron . Pedro coñeceu gracias a isto o buzón de casa. Levamos unha sorpresa moi agradable !!!

    ResponderEliminar