Xa estamos de volta das vacacións!! E que mellor maneira que celebrando os aniversarios do mes de Marzo, no que están de cumpre: Noa López e Pedro, que xa cumpren 4 anos!!! Que maiores van!!
Ó
igual que co resto dos aniversarios, elaboraron unha
coroa especial chea de pegatinas de moitas cores e formas, despois cantámoslles o cumpreanos felíz, sacamos unhas fotos de
recordo e sopraron as candeas dunha torta riquísima que trouxeron e que acompañamos cuns zumes, estaba todo moi rico!! moitas felicidades trasniños e a cumprir moitos máis!! :)
Primavera
martes, 29 de marzo de 2016
Día da Poesía
O pasado 21 de marzo comezou a primavera, coincidindo co Día da Poesía e nós adiantámonos e celebramos o Día da Poesía o 18 de Marzo recitando distintos poemas de Manuel María que recolle no seu libro "Os soños na gaiola". Por iso, este día algunhas clases saíron á rúa a recitalos, e nós o fixemos fóra do cole, na entrada, para compartir coas familias e veciños estes poemas que tan ben quedaron...mirade mirade...
https://www.youtube.com/watch?v=tDrcoDwXiYQ"
https://www.youtube.com/watch?v=v1ygjS0ej0s
https://www.youtube.com/watch?v=tDrcoDwXiYQ"
https://www.youtube.com/watch?v=v1ygjS0ej0s
jueves, 10 de marzo de 2016
Proxecto dos Patos rematado!!
Onte rematamos o noso proxecto dos Patos, a mascota que eleximos na nosa clase. Comparamos os nosos coñecementos que tíñamos acerca dos patos ó principio do proxecto co que fomos aprendendo e démonos conta de que había cousiñas nas que nos confundíramos e outras que tíñamos razón, e ademais fomos aprendendo moitas cousas máis.
O primeiro que fixemos foi coñecer o corpo dos patos:
- Observamos que se parece a un bote e que por iso flota na auga.
- Son de distintas cores. Moitos trouxemos o conto do "Patiño Feo" e grazas a iso, démonos conta de que o patiño non era feo...simplemente era distinto e non por iso tiña que ser feo. Comparámonos entre nós para observar que somos moi distintos: no sexo, na altura, na cor do pelo e dos ollos...
- Está cheo de plumas e grazas a elas non se mollan na auga xa que son impermeables. A mestra trouxo plumas ó cole e experimentamos con elas: son suaves, lixeiras, grazas a elas pódese voar e tamén facer cóxegas...jeje.
- Teñen 2 ás e 1 cola.
- Teñen 1 peteiro duro e plano e co silvato que trouxo Víctor xogamos a falar como os patos.- Teñen 2 patas que parecen aletas e cada unha delas ten 3 dedos unidos por membranas, comparámolas cos nosos pés e para comprobar que son distintos, observamos cómo son as pegadas que deixan os patos e comparámolas coas nosas camiñando sobre fariña, que ben o pasamos!!! Tamén deixamos a nosa pegada nunha ficha a carón da dos patos.
- Coñecemos o peso e a altura que poden chegar a ter os patos e logo pesámonos e medímonos nós, carais...que altos estamos xa!!!
- Por último, observamos as diferenzas entre os machos e as femias, que se diferencian no plumaxe, na cola e na voz que emiten.
Despois de traballar o corpo dos patos, pasamos a coñecer onde viven:
- Viven nos ríos, estanques e mares.
- Tamén hai patos domésticos que viven en granxas.
A continuación, descubrimos o que comen os patiños:
- Verduras.
- Sementes de avena/trigo.
- Pequenos peixes e bichiños.
- Plantas acuáticas.
Gustóunos moito saber cómo nacen os patiños a partires dun ovo:
- Os patos colocan os seus niños en zonas cercanas á auga, e agóchanos para que non se acerquen depredadores.
- A mamá pata incuba os ovos durante un tempo e así poden nacer os patiños.
- Observamos o nacemento dun patiño a través de imaxes.
- Unha vez que nacen, a mamá pata está con eles ata que aprenden a ser autónomos, ata que aprenden a nadar e a comer.
E para rematar co proxecto, coñecemos as distintas formas de desprazarse dos patos: camiñando, nadando e voando; e que en determinadas épocas do ano migran cara outras zonas máis cálidas xa que cando chega o frío teñen dificultades para atopar comida.
Todo isto fómolo reflexando nun mural, o cal colocamos no corredor de infantil para que o podan ver tódolos nen@s, profes e as nosas familias. Deixámosvos a foto do noso mural, para que vexades o bonitiño que quedou e todo o que aprendemos, e dende a clase dos patiños...simplemente dicirvos que moitas grazas pola vosa colaboración no noso proxecto!! :)
Todo isto fómolo reflexando nun mural, o cal colocamos no corredor de infantil para que o podan ver tódolos nen@s, profes e as nosas familias. Deixámosvos a foto do noso mural, para que vexades o bonitiño que quedou e todo o que aprendemos, e dende a clase dos patiños...simplemente dicirvos que moitas grazas pola vosa colaboración no noso proxecto!! :)
martes, 8 de marzo de 2016
Día da Muller Traballadora
Hoxe, 8 de Marzo, celébrase o Día da Muller Traballadora e no cole dedicamos o día a falar sobre o tema... Dende a biblioteca do centro invitáronnos a escoitar un conto titulado "O libro dos Porcos" interpretado polos nenos de 5º e 6º de Primaria. Este conto falaba sobre a importancia de traballar todos na casa, tanto as mamás como os papás e os nen@s, xa que o importante é axudar uns aos outros.
Na clase observamos imaxes de distintos traballos e comprobamos que tanto uns como outros poden ser levados a cabo tanto por homes como por mulleres. Estivemos falando dos traballos das nosas mamás e dos nosos papás e ó final escollemos o oficio que nos gustaría ser de maior... e o resultado foi o seguinte...
miércoles, 24 de febrero de 2016
Día de Rosalía de Castro
A AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) traballa dende anos na idea de lograr institucionalizar o 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria contempla, dentro do Calendario do Libro e da Lectura, o 24 de febreiro como DÍA DE ROSALÍA, que coincide coa conmemoración do nacemento da poeta.
Polo tanto, nós dende o cole quixemos celebrar este día elaborando unhas postais a partir dun anaco dun poema de Rosalía, que dí:
Canta, paxariño alegre, canta!
canta porque o millo medre, canta!
canta porque a luz te escoite, canta!
canta que fuxeu a noite.
Unha vez traballado o poema, fixemos unha reflexión sobre qué podíamos facer na postal para representalo, e ocorréusenos debuxar un paxariño...e o resultado foi o seguinte:
E para rematar... a nosa mestra escribíu a nosas direccións nas postais, colocámoslles un selo que trouxemos da casa e metémolas no buzón de correos para que cheguen ós seus destinos... esperamos que cheguen ben e que vos gusten. Bo día!!
Traballamos co número 1
Dende que chegou a carta de Numerete contándonos que estivera no planeta do número 1 e trouxo uns pelos do habitante dese planeta, coa forma do número 1, entrounos o gusanillo de saber cómo se fai ese número... así que estes días estivemos coñecéndoo, aprendendo unha canción, observando a súa forma e intentando facer a súa grafía, a algúns aínda nos costa, pero pouco a pouco irémolo perfecionando... Aquí deixámosvos unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos co número 1.
Aniversarios de Febreiro
Onte celebramos os aniverarios de Febreiro, no que celebramos que: Hugo, Jorel e Noelia cumprían 4 anos. Os protagonistas decoraron a súa coroa con moitísimas pegatinas e despois disfrutamos dunha festa onde degustamos unha torta riquísima e uns zumes que trouxeron as súas familias. Non esquecer que sopraron as candeas ó son do "Cumpreanos felíz" e que sacamos unhas fotos de recordo. Dicir que ademais da emoción que tiñan os protagonistas deste día... Jorel rebosada felicidade, xa que ademais do seu cumpre, tocoulle ser o maquinista!!! que sorte!!
Moitos parabéns para Hugo, Jorel e Noelia neste día e a seguir medrando así de guapos :)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

















