Primavera

domingo, 26 de junio de 2016

Proxecto "As plantas"

Durante este trimestre estivemos investigando e aprendendo cousas sobre as plantas: o que precisan para medrar, as súas partes, os distintos tipos de plantas que hai, o seu crecemento, as cousas que nos proporcionan ás persoas, os froitos que dan, os actos que facemos ben e os que facemos mal en relación co noso entorno... Con todo iso fomos elaborando un libriño sobre as plantas, levóunos moito traballo pero valeu a pena porque a verdade é que quedou precioso :) e que prometimos conservar con moito cariño.



Ata puidemos catar unhas fresas que trouxo Sofía da súa casa... algúns quixemos probalas e outros non... estaban boísimas!! Moitas grazas Sofía :)





Ademais de todo ese traballo, plantamos unha semente e trouxemos da casa uns caraveis para cambiar a súa cor. Foi unha experiencia increíble!!! Non dábamos crédito do que estaba pasando... cambiar a cor dunha flor... iso é maxia!!



Tamén puidemos observar un trévo de 4 follas e agora temos a curiosidade de atopar un xa que dín que trae boa sorte... será verdade?? Haberá que comprobalo...



2 comentarios:

  1. Espectacular traballo,sei que è un pouco tarde para comentalo....
    Pero o Penso dende que Pedro o trouxo para casa.
    Grazas,Irene

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que con tantos nenos levóunos moito tempo facelo, pero merece a pena xa que ves que aprenden e que o pasan ben ó mesmo tempo, así que quedamos orgullosas do resultado. Alégrome que vos gustase :)

    ResponderEliminar