Primavera

miércoles, 25 de mayo de 2016

Letras Galegas 2016

A semana pasada festexamos as Letras Galegas no cole, que este ano foron dedicadas a Manuel María. Durante o mércores e o xoves, ó chegar pola mañá, as mestras Ilenia e Lorena ofrecéronnos a lectura de dúas poesías deste escritor na entrada do cole. 



Xa oíramos falar deste escritor, porque para o día da poesía estiveramos practicando a súa poesía "O foguete", que representáramos nas aforas do cole e por iso, preparamos un traballiño dedicado a esta poesía.




 O venres foi o Día grande das Letras Galegas no cole: o 8º certame da poesía do "Couceiro Freijomil". Fixemos unha celebración en toda regla no salón de actos, onde os nenos de 6º de primaria foron os encargados de presentar o acto. Os nen@s de Infantil representamos a poesía "Galicia" na que fixemos un percorrido polas catro provincias e a súa capital. Ademáis déronnos un premio pola nosa participación: contos para ter nas nosas aulas!! :)







Despois, bailamos ó son da canción "Brinca vai!: Meu o mundo é", pasámolo xenial!!






E como remate da xornada, todo o alumnado xunto cos mestres do cole, xuntámonos no xardín principal para soterrar palabras da nosa lingua "o galego"que escribimos nuns pergaminos e que decoramos con debuxos e frases. Na nosa clase a palabra elixida foi "bolboreta", moi apropiada para a estación na que nos atopamos... e así todas estas palabras quedarán soterradas como un gran tesouro no noso xardín... e con isto rematamos a nosa celebración das Letras Galegas 2016. Ata o ano que ven!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario