Primavera

miércoles, 4 de mayo de 2016

Celebramos os Maios

O venres pasado celebramos no cole a Festa dos Maios, para a cal solicitamos a colaboración das nosas familias para axudarnos coa elaboración do noso Maio de Infantil. Mentras as familias decoraban o maio con verde e outros elementos decorativos (carro, escada, fouciño...), os patiños e os pandas fixemos unhas guirnaldas con laranxas, e os nenos de 4 e 5 anos con flores, que colocamos no maio unha vez as rematamos... A verdade é que quedou chulísimo!! Somos uns artistas!!
Na clase elaboramos unhas coroas para levar ó patio e así poder cantar a canción e pasear os Maios. Como o noso maio pesaba bastante... foron os nen@s de 5 anos os que o levaron no ombreiro e o pasearon. Que orgullosos estabamos e canto lles aplaudimos!!
Foi unha experiencia nova para nós, xa que non coñecíamos esta festa, pero agora xa somos uns expertos e pasámolo xenial e queremos aproveitar para agradecer a colaboración das familias que se achegaron ó cole para axudar coa elaboración do noso maio e os que colaboraron dende a casa coa aportación de flores e fiuncho. Moitas grazas!!! :) 
Agora deixámosvos fotos desta festa, para que os que non puidéchedes vir...


4 comentarios:

  1. Quedo muy bonito. David no paraba de cantar la cancion del Mayo. Pero el dia de la actuacion no quiso cantar jeje. Habia mucha gente jeje

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, por tanto esforzo. Pedro non olvidará o seu primer Maio.
    O que maís lle gustoú foi "pasealo"pola Vila.

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas, por tanto esforzo. Pedro non olvidará o seu primer Maio.
    O que maís lle gustoú foi "pasealo"pola Vila.

    ResponderEliminar
  4. Foime complicado asistir o día da celebración na vila, pero contáronme que foi todo xenial e que incluso levamos un premio co noso Maio Colorido de Infantil :) Xa lles tocará pasealo cando estean na clase dos "maiores" (5 anos) jeje

    ResponderEliminar