Primavera

jueves, 5 de noviembre de 2015

Portacastañas

Estimadas familias...estamos preparando a vindeira festa do cole...o MAGOSTO. Será o día 11 de Novembro e como vos comunicamos na nota que mandamos onte, precisamos que traiades un envase tipo brick (de leite ou zume), limpiño e confeccionado deste xeito:

 1º- Marcamos a metade do envase por 3 caras, quedando unha para dobrar.
 2º- Cortamos pola marca e dobramos pola cara que quedou sen marcar.
 3º- Grampamos o envase pola parte dobrada para que colla a forma.


Unha vez traiades o envase á escola xa encargarémonos de decoralo na clase, así nun lado botaremos as castañas e no outro as mondas. Grazas pola vosa colaboración e por axudarnos a manter limpo o cole!! :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario