Primavera

viernes, 13 de noviembre de 2015

Hora dos contos

A través do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro, os alumn@s de 5º de primaria achéganse ás aulas de infantil tódolos xoves para contarnos un conto. Veñen moi dispostos e emocionados, e nós recibímolos moi contentos e con ganas de escoitar as diferentes historias que nos traen. O único que precisamos é seguir as normas para a lectura de contos...estar caladiños, moi atentos e coas orellas ben abertas. Mirade cantos nen@s pasaron xa pola nosa clase...

Esta semana recibimos unha visita moi especial...a irmá de Pedro. Como nos gustou o teu conto!!

2 comentarios:

  1. Que contenta foi Eva a ler o conto!!!!!. Levaba a semana enteira ensaiando o conto na casa ata sabelo de memoria. Fixolle moita ilusion. E a Pedro seguro que se caia a baba, está afeito a que na casa moitas veces lle lea ela un conto antes de durmir. Mil gracias polas fotos

    ResponderEliminar
  2. Saíulle de maravilla, contou o conto estupendamente e cunha entonación perfecta. Moitos parabens para Eva e graciñas ;)

    ResponderEliminar