Primavera

miércoles, 13 de enero de 2016

Vaia sorpresa!!

Hoxe aconteceu algo moi raro no cole...ó pouco de comezar a xornada, cando estabamos na alfombra facendo a nosa asemblea diaria, de repente alguén petou na porta pero non entraba ninguén... así que miramos para a porta e observamos que había algo verde que asomaba por debaixo...
Saimos correndo a mirar o que era...tratábase dun sobre verde que tiña unhas letras escritas que dicían... NUMERETE...
Noa López dixo que foi o carteiro o que deixou a carta, así que abrimos a porta pero non había ninguén no corredor... que raro...
Polo tanto non quedaba outra que abrir esa misteriosa carta, a ver se dentro atopábamos algunha pista que nos axudara a descubrir quen deixou esa carta na nosa porta...
A mestra Irene comezou a ler, xa que nós aínda non sabemos... A carta falaba dalguén chamado NUMERETE, que estaba maliño xa que descargáranselle as súas antenas... Martín dixo que era unha xoaniña...Noelia dicía que se trataba dunha formiga...e Valentina opinaba que podería ser unha bolboreta... Irene seguíu lendo e escoitamos que NUMERETE debia ir cara o Señor Sol para recargar alí as súas antenas. Os seus amigos axudáronlle a subir a unha nave...e daquela, Noelia berrou emocionada..."é un alieníxena!!!"... Vaia cousa!!! Un alieníxena no cole??? Irene seguíu lendo e a carta dicía que ese tal NUMERETE foise na súa nave ata o Sol, que lle axudou a recargar as antenas e lle contou que ó redor del xiran uns planetas nos que hai cousas sorprendentes e que debería ir velas...e así foi...volveu subir na súa nave e foise polo espazo na procura deses planetas, despedíndose cun "Ata pronto, xa vos contarei!!" Miña nai!! Que emocionante!!! Pero non sabemos como é NUMERETE... o que sabemos seguro é que ten antenas...pero cantas? E ten ollos, nariz e boca? Terá orellas? E brazos? Arrastrarase polo chan ou terá pernas e pés para camiñar? Tivemos que discutir moito sobre isto...e o final decidimos facer un debuxo de NUMERETE. A ver se nos volve escribir contándonos as súas aventuras nos planetas...e quizais mande algunha foto para saber se acertamos cos nosos debuxos...aquí volos deixamos para que vexades as nosas versións do misterioso NUMERETE.

2 comentarios:

  1. QUE BEN!!! A irmá de Pedro , cando era pequena visitoulles un pirata chamado :"pirata cara de pan". E lles deixou un mapa que conducía a o tesouro ,o atoparon cheo de moedas de chocolate!!!!!!
    Grazas por esta idea tan imaxinativa.

    ResponderEliminar
  2. Estaban abraiados... as súas cariñas eran dignas de ver jeje. Despois, cada vez que o vento movía a porta tiñan que ir mirar a ver se era Numerete... A verdade é que estas cousas motivan moito e agora estamos agardando a ver se Numerete volve mandar outra carta... ;)

    ResponderEliminar